XADREZ E LIBROS DENDE AGAX

Este fin de semana celebrase o Día do Libro. O 23 de abril de 1990 creábase a federación de asociacións na que estamos englobados. E aproveitando este XXXI Aniversario imos celebrar algunhas probas nas que entregaremos aos participantes un libro. Tamén o día 25 lembramos que en 1467 iniciaba a Revolta Irmandiña.

A nosa proposta de actividades para estes días.

VENRES ÁS 16,00

16,00-17,30: Clases online
Organiza Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE
As bases en www.xadrezuniversitario.org

VENRES ÁS 19,30

19,30 – 20,30: Adestramento presencial Suizo 5 roldas partidas a 5 minutos. No CC Los Rosales.
Obrigatorio estar federado en 2021.
O mellor clasificado recibirá unha camisola de AGAX. Todos os participantes recibirán o libro "Relatos de Xadrez".
Cota: 2 euros.
Mínimo de participantes: 6 - Máximo de participantes: 12
Inscricións no WhatsApp 654 60 37 16

VENRES ÁS 16,00

Torneo de INCUDE. Empeza o novo Circuito.

www.xadrezuniversitario.org


SÁBADO ÁS 16,00

Só para os nados en 2009 ou seguintes.

LIGA AGAX SUB12 ás 16,00

https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html

Torneo deste sábado: 

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #x1KC4EZv • lichess.org


SÁBADO ÁS 18,00
18,00-20,30: Adestramento presencial Suizo 5 roldas partidas a 15 minutos. No CC Los Rosales.
Obrigatorio estar federado en 2021.
O mellor clasificado recibirá o Trofeo da Xornada Lúdica Irmandiña. Todos os participantes recibirán o libro "A guerra no xadrez".
Cota: 4 euros.
Mínimo de participantes: 6 - Máximo de participantes: 12
Inscricións no WhatsApp 654 60 37 16

DOMINGO ÁS 17,00

Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. O Circuito Domingos Online en principio ocupará uns 40 domingos deste 2021. Cada xogador que logre vencer nun dos torneos levará unha camisola. Para xogar hai que pertencer ao club online (non hai cota).

www.deporcultura.eu

*** Este domingo, de xeito especial todos os participantes recibirán o libro "Relatos de Fúbol" ***

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

Este espazo

O blog de FEDERACION ASENCUDEGA foi iniciado o día 19 de marzo de 2021.

Este espazo é accesible dende o www.federacion.eu

A responsable deste espazo é a Federación de asociacións e entidades culturais e deportivas de Galicia (ASENCUDEGA).

O espazo web principal da entidade será www.asencudega.org

Pódese contactar con esta entidade en actividades@deporcultura.com

Novos estatutos e novos ánimos

Hoxe chegaron os nosos novos estatutos. Agora tocará seguir mellorando os procedementos, pero agardamos ir facendo cousas con maior asiduidade.

Como primeira medida aínda que temos previsto que o twitter sexa o medio máis axil de promoción este blog federacion.eu vai ir dando conta día a día da nosa actividade.

Estatutos, dominio, blog e twitter para empezar a traballar en novas ideas.