Falecemento de Ernesto Pérez Ramil

Faleceu Ernesto Pérez Ramil, presidente da nosa federación desde a súa fundación en 1990. Estivo vencellado a moitas entidades promovedoras da cultura e do deporte en Galicia na súa creación, formando parte da súa directiva ou simplemente contribuíndo como socio ata que desde hai uns meses unha enfermidade lle impedía acompañarnos presencialmente. Queremos destacar neste triste momento o seu traballo deseñando a colección de Libros de Peto de Asencudega que comezamos en 2006 e que, grazas ó seu traballo, chega ós 29 volumes cos tres últimos publicados en 2025. Ernesto deixa unha fonda pegada na cultura e no deporte galego é, desde ASENCUDEGA, agardamos contribuír a manter o seu legado. 

Que a terra lle sexa leve ó noso querido amigo.